Escoitándote, lendo teu
canto angustioso, respirando a aroma desa túa terra, a miña, que é nosa… pareces non saber o grande que fuches, o ditosa que fuches o través do teu choro
poético, hoxe vivo… o poeta de Celanova, rezou a túa ida na noite sen fin…
Outro poeta, o granadino Lorca, mirouse nos teus ollos, enviou seu amor cheo de
sol andaluz… e, dende aquel campanario de Bastavales, aínda hoxe, repica unha
fonda chamada de vida e nova luz, segue a tocar, tanxendo rabia…
É longo o esquecemento, as
memorias reviven sonos esquencidos, xuntan a dispersión dos teus versos…
empuxamos con forza a porta que pechaches, trala cal, daremos conta daquela
angustia persistente, con este lume ardente, teceremos vida, dando pulcritude a
aquel espazo podrecido de amargura… é agora, hoxe, un so dos teus versos, un
todo de harmonía, ideal, exemplo… Na miña humilde e sinxela nenez, cedo,
quíxente… levado pola admiración, que che tivo meu estimado, condenado poeta,
Curros, que segue a ser o probe do pobo galego, de donos cuberto.
…rosa de cen follas…
mantén teu espazo, pois non existe o tempo… ¡Se ti viras!... ¡se souberas! ©Baldomero Gómez (Yo soy Galmier Zemog)
Non esquezades a Rosalía
de Castro, o 24 de febreiro é seu día
Muller
Vídeo: paco canosa leira